Publicado por: updbarbanzanoia | 10/02/2010

NOVA OFERTA: CONDUTOR/A MECÁNIC@ PARA RIVEIRA (10/02/2010)

O concello de Riveira abre a convocatoria para participar no proceso selectivo (concurso de valoración de méritos) para a contratación laboral temporal dun condutor/a mecánic@ ao obxecto de cubrir a baixa laboral da persoa titular do posto.

  • Posto: condutor/a mecánic@ adscrito á unidade de mantemento, servizo de obras e vías públicas, grupo V, nivel 14.
  • Tipo de contrato: contrato de duración determinada de interinidade por substitución, a tempo completo.
  • Solicitude: Presentar instancia no prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación no BOP (Publicado o 08-02-2010)
  • O modelo de instancia pode recollerse nas oficinas municipais ou descargarse na web do concello: http://www.riveira.es/

Para máis información, click AQUÍ.

Publicado por: updbarbanzanoia | 09/02/2010

OFERTAS DE EMPREGO ACTUALIZADAS (09/02/2010)

Xa podedes consultar as ofertas de emprego do SPE actualizadas para o mes de febreiro e o novo Boletín Máis Compostela.

Para acceder ás ofertas do SPE, click AQUÍ.

Para acceder ao Boletín de Ofertas Máis Compostela do 9 de febreiro, clik AQUÍ.

Publicado por: updbarbanzanoia | 09/02/2010

NOVAS OFERTAS DE EMPREGO PARA A ZONA!! (09/02/2010)

Hai 3 novas ofertas de emprego para a zona, 2 para o concello de Rianxo e 1 para a zona de Riveira:

- O concello de Rianxo anuncia a contratación temporal de:

  • 1 Oficial Albanel (contrato temporal de 1 mes)
  • 1 Peón Albanel (contrato temporal de 6 meses)

O prazo de presentación de solicitudes é de 3 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación.

Bases e solicitudes no Rexistro Xeral do concello (de 9.00 a 13.00 horas)

- Necesítase para Riveira:

  • Comercial con experiencia

Enviar C.V. ao Apdo. de Correos 108 – 15960 Riveira

 

Convocadas as probas para a obtención dos Certificados de Lingua Galega CELGA 1, 2, 3 e 4 para o ano 2010.

1. Destinatari@ s: Persoas maiores de 16 anos, ou que os cumpran antes de finais do ano 2010, nacionais ou estranxeiras.

2. Convocatorias:

  • Convocatoria de maio de 2010: para Galicia.
  • Convocatoria de outubro de 2010: para América.
  • Convocatoria de novembro de 2010: para Galicia, resto do Estado español e para Europa.
  • 3. Prazo de inscrición:

  • Convocatoria de maio de 2010: ata o 25 de marzo de 2010 (inclusive)
  • Convocatoria de outubro de 2010: ata o 30 de xuño de 2010 (inclusive)
  • Convocatoria de novembro de 2010: ata o 8 de outubro de 2010 (inclusive)
  •  

    Para máis información sobre datas e lugares de realización das probas, documentación a presentar, taxas, impreso de solicitude… consultade o DOG. Premede AQUÍ.

    Publicado por: updbarbanzanoia | 08/02/2010

    NOVAS SOBRE A AULA MENTOR DE NOIA (08/02/2010)

    Aula Mentor de Noia, situada no IES Campo de San Alberto, leva en funcionamento dende setembro do 2009  co obxectivo de facilitar o acceso de todas as persoas á formación.

    Unha Aula Mentor é un recurso dirixido a proporcionar unha formación aberta, libre e a distancia a través de Internet, e dende o que se ofertan unha gran variedade de cursos relacionados con distintas temáticas: Iniciación á Informática, Ofimática, Redes e equipos, Deseño e autoedición, Internet, Electrónica, Pemes, Medios Audiovisuais, Programación, Deseño web, Inglés, Medio Ambiente, Cultura e formación xeral, ou Saúde e educación (ver web do Ministerio de Educación).

    A principal característica destes cursos en liña é que a matrícula permanece aberta todo o ano e a duración dos mesmos é variable, co cal se adaptan á dispoñibilidade e horario que máis convén ao alumn@. A persoa matriculada ten dereito a asistir á aula nun horario determinado, contar co apoio da persoa administradora para o manexo dos equipos e acceso a Internet, material, apoio titorial para a realización do curso, así como dereito á realización do exame (na Aula Mentor), tralo cal se lle expedirá o certificado de aproveitamento do curso, no caso de telo superalo positivamente.

    As aulas dispoñen de equipamento informático conectado á rede Internet para o seguimento dos cursos, programas informáticos, materiais e asesoramento por parte da persoa que a administra.

    O prezo máximo dos cursos é de 24€/mes e a matrícula inicial é , en todos os casos, de 2 meses.

    Cada matrícula dá dereito a presentarse a 2 convocatorias de exame, contando cun total de 5 convocatorias en cada curso escolar.

    • A Aula Mentor de Noia está situada no IES Campo de San Alberto. Egas Moniz, 6 – 15200 Noia. Tlf. 981 82 28 00.
    • Horario da aula: de luns a xoves, de 16.20 a 18.00 horas.
    • Administrador: Jesús Montero Sánchez.
    • As persoas interesadas en matricularse nos cursos ou solicitar máis información poden pasar polo centro os martes e xoves de 16.20 a 18.00 horas ou mandar un correo electrónico ao seguinte enderezo: aula.mentor.noia@encina.pntic.mec.es

    Para máis información sobre as Aulas Mentor, premede nas seguintes ligazóns:

    https://centrovirtual.educacion.es/mentor/inicio.html

    http://sites.google.com/site/aulamentorsantiago/

    Publicado por: updbarbanzanoia | 05/02/2010

    INFORME SOBRE A FP NO PACTO (05/02/2010)

    Xa podedes consultar un novo informe elaborado polo equipo da UPD: Informe sobre a Formación Profesional no Pacto (curso 2009/2010)

    Para acceder ao informe, click AQUÍ.

    Publicado por: updbarbanzanoia | 05/02/2010

    NOVAS HOMOLOGACIÓNS NO PACTO! (05/02/2010)

    O centro de Formación da ABE (Asociación Boirense de Empresarios), que ten previsto abrir a comezos do mes de abril,  xa conta coa homologación para impartir distintas especialidades formativas da formación dirixida prioritariamente a traballadores/as desempregad@ s (AFD), estando á espera da concesión dos cursos por parte da Consellería de Traballo.

    As especialidades homologadas polo momento son:

    • Informática de usuario.
    • Iniciación a Internet.
    • Deseñador web e multimedia.
    • Axente comercial.
    Publicado por: updbarbanzanoia | 05/02/2010

    A WEB DA SEMANA: WWW.MENTOR.MEC.ES

    Esta semana queremos dedicar este apartado á formación, polo cal recomendamos visitar: www.mentor.mec.es

    A páxina da Aula Mentor do Ministerio de Educación (Subdirección Xeral de Aprendizaxe ao Longo da Vida) ofrece  en colaboración cun amplo número de institucións (Ministerios, Consellerías de Educación das distintas Comunidades Autónomas, centros educativos, concellos, ONGs…) formación aberta, libre e a distancia a través de Internet.

    Hai máis de 100 cursos en liña con matrícula aberta permanente e atención titorial próxima ao estudante.

    Ademais, tedes que recordar que na nosa zona contamos con dúas Aulas Mentor, onde dispoñedes de ordenadores con conexión a Internet, programas informáticos, material e asesoramento para a realización destes cursos; unha está en Boiro, na Casa da Cultura, e outra en Noia, no IES Campo de San Alberto. (Consultade o Mapa de Recursos)

    Entra en: “A WEB DA SEMANA”

    Publicado por: updbarbanzanoia | 04/02/2010

    OFERTAS DE EMPREGO ACTUALIZADAS!! (04/02/2010)

    Consultade as ofertas de emprego da Oficina Comarcal do Servizo Público de Emprego dos meses de xaneiro e febreiro vixentes (actualizadas a 2 de febreiro).

    • Para ver as ofertas de xaneiro vixentes, click AQUÍ.
    • Para consultar as de febreiro, click AQUÍ.
    Publicado por: updbarbanzanoia | 04/02/2010

    NOVAS OFERTAS DE EMPREGO!! (04/02/2010)

    Xa podedes consultar as ofertas de emprego do Boletín MáisCompostela do 4 de febreiro.

    Para acceder ao Boletín, preme AQUÍ.

    Older Posts »

    Categorías