Publicado por: updbarbanzanoia | 03/12/2010

DESPEDIDA (03/12/2010)

DESPEDÍMONOS

21 meses despois… chegou o momento da despedida. A UPD do Pacto Territorial de Emprego de Barbanza-Noia cesa a súa actividade.

Despois de levar traballando máis dun ano na nosa primeira páxina:

www.updbarbanza-noia.org

esperamos ter cumprido o seu obxectivo principal: contribuír á difusión dos estudos elaborados pola UPD como un recurso máis de consulta para a cidadanía, así como achegar información de interese para as persoas de Barbanza e Noia sobre temas relacionados co emprego e a formación, centralizando así os recursos existentes na zona.

 Esta primeira web serviunos de experiencia para levar a cabo a nosa segunda páxina que se atopaba activa, en todos os seus apartados, dende maio de 2010:

 http://barbanzanoiaonline.wordpress.com

coa que intentamos actuar como escaparate de Barbanza-Noia en todos os ámbitos: turismo, ocio, creación (escritor@s, escultor@s, pintor@s, músic@s,…) e, por suposto, promoción do sector comercio.

 

Queremos destacar o noso orgullo polas máis de 165.000 visitas recibidas e agradecervos a tod@s @s que fixestes posible que o noso traballo cobrase sentido. A tod@s @s nos@s amig@s/seguidor@s a través das redes sociais (Facebook, Tuentis, Twitter e Myspace) e a tod@s aquel@s que coas vosas achegas e o voso apoio contribuíchedes a que estes proxectos fosen medrando día a día.

 GRAZAS!!!!

Advertisements
Publicado por: updbarbanzanoia | 03/12/2010

AVALIACIÓN DAS POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO (03/12/2010)

Xa podedes consultar o informe de  AVALIACIÓN DAS POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO realizado polo equipo técnico da UPD.

Preme AQUÍ para velo.

Publicado por: updbarbanzanoia | 03/12/2010

INFORME PARO MES OUTUBRO 2010 (03/12/2010)

Xa tendes á vosa disposición o informe do paro de outubro de 2010.

Podedes consultalo AQUÍ.

Publicado por: updbarbanzanoia | 03/12/2010

CORRECCIÓN DE ERROS (03/12/2010)

Publicada Corrección de erros na Resolución do 16 de novembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan dez bolsas de formación e especialización en materia de vivenda.

Para consultala, click AQUÍ.

Publicado por: updbarbanzanoia | 02/12/2010

OFERTAS DE EMPREGO (02/12/2010)

Dende a Oficina de Emprego de Boiro achégannos a relación actualizada das Ofertas de Emprego do Servizo Público de Emprego.

Para acceder a elas, click AQUÍ.

Publicado por: updbarbanzanoia | 02/12/2010

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO SOBRADO (02/12/2010)

Xa podedes consultar a Oferta de Emprego Público 2010 do Concello de Sobrado.

Premede AQUÍ.

Publicado por: updbarbanzanoia | 02/12/2010

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO CERCEDA (02/12/2010)

O Concello de Cerceda publica a Oferta de Emprego Público para o 2010.

Se queres consultala, fai click AQUÍ.

Publicado por: updbarbanzanoia | 01/12/2010

MÁIS OFERTAS DE EMPREGO (01/12/2010)

Poñemos á vosa disposición un novo número do Boletín de Ofertas de Emprego Máiscompostela.

Para consultalo, click AQUÍ.

Publicado por: updbarbanzanoia | 01/12/2010

OFERTAS DE EMPREGO (01/12/2010)

Xa podedes consultar un novo número do Boletín de Ofertas de Emprego Ponte Emprego.

Para acceder a el, click AQUÍ.

Publicado por: updbarbanzanoia | 01/12/2010

BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE VIVENDA (01/12/2010)

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca 10 bolsas de formación e especialización en materia de vivenda.

  • Destinatari@ s: Persoas que reúnan os seguintes requisitos:
  1. Ter rematados os estudos conducentes á obtención do título de arquitect@, arquitec@ técnic@, ou licenciad@ en administración e dirección de empresas, economía ou dereito nos anos 2008, 2009 ou 2010 e ter abonadas as taxas para a expedición do correspondente título oficial.
  2. Acreditar un coñecemento da lingua galega con nivel de perfeccionamento ou equivalente.
  3. Non desfrutar anteriormente doutra bolsa destas características no IGVS, de duración superior a 6 meses.
  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de xaneiro de 2010.

Para máis información, click AQUÍ.

Older Posts »

Categorías